Dimite a alcaldesa socialista de San Amaro, que seguirá como concelleira

O PSOE provincial asegura que a dimisión non afectará o pacto de goberno con Xuntos por San Amaro.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 18/09/2019 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

A socialista María del Carmen Pérez Corral presentou a súa dimisión como alcaldesa do municipio ourensán de San Amaro por motivos persoais aínda que manterá a súa acta como concelleira na corporación local.

Segundo explicou a Europa Press o secretario de Organización do PSOE de Ourense, Juan Carlos Francisco Rivera, a decisión da rexedora non afectará o pacto de goberno que os socialistas manteñen con Xuntos por San Amaro neste concello.

María del Carmen Pérez Corral presentou a súa dimisión a través dun escrito rexistrado no Concello, motivo polo que o PSOE prevé designar a outro dos seus edís para que sexa elixido como alcalde. "Trátase de suplir neste caso a decisión persoal e particular da alcaldesa", sinalou o responsable de Organización, que mostrou o seu respecto pola decisión tomada pola xa ex alcaldesa, á que agradeceu o seu traballo. Ademais, negou a existencia de calquera tipo de discrepancias con ela.

REPARTICIÓN DA ALCALDÍA

En concreto, tras as pasadas eleccións municipais, os socialistas (que obtiveron tres edís) e Xuntos por San Amaro (dous concelleiros) alcanzaron un pacto de goberno polo que desbancaron da alcaldía ao PP (fíxose con catro edís).

Este acordo inclúe a decisión de que os socialistas se turnen na alcaldía co independente Carlos Paz, que será rexedor durante os dous últimos anos de mandato.

María del Carmen Pérez Corral, ex alcaldesa de San Amaro
María del Carmen Pérez Corral, ex alcaldesa de San Amaro | Fonte: PSOE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta