Dous detidos por roubar nun bar de Ourense tras serrar os barrotes para acceder

Os detidos foron identificados como dous homes naturais de Ourense, un de 50 anos de idade, ao que lle constan 16 arrestos anteriores, e outro de 30 anos de idade, con sete antecedentes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2019 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional procederon á detención de dous homes con antecedentes como presuntos autores dun delito de roubo con forza nun bar da zona da Milagrosa tras serrar os barrotes para acceder.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos que motivaron a detención sucederon na madrugada deste mércores sobre as 1,30 horas, cando se recibiu unha chamada na Sala 091 na que un requirente comunicou que escoita como serraban os barrotes dun bar ao que tamén tentaron entrar a noite anterior.

Axentes do Grupo de Seguridade Cidadá dirixíronse ao lugar e unha vez alí varios veciños manifestaron que dous homes, dos que achegaron características físicas, acababan de saír á carreira, polo que comunicaron isto ao resto de dotacións a través do equipo de transmisións.

Ademais, realizouse unha batida pola zona e os presuntos autores foron localizados por unha patrulla nas proximidades do lugar do feito, polo que procederon á súa identificación e cacheo superficial de seguridade.

Entre as roupas, a un deles localizáronlle catro paquetes de papel de fumar e moedas cuxo valor ascende a 4,84 euros e ao outro, no interior nunha mochila, útiles susceptibles de ser usados para realizar roubos con forza tales como luvas, unha serra de metal e desaparafusadores, entre outros. Por iso, procedeuse ao seu arresto e posterior traslado a dependencias policiais para continuar coas xestións.

Os detidos foron identificados como dous homes naturais de Ourense, un de 50 anos de idade, ao que lle constan 16 arrestos anteriores, e outro de 30 anos de idade, con sete antecedentes.

Policía
Policía | Fonte: crtvg

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta