Detido un individuo en Santiago por roubar un expositor con obxectos de prata

O home "partiu parte" do expositor, que subtraeu dun comercio situado no casco antigo da capital galega e foi detido cando cargaba con el.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2019 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional de Santiago detiveron a un individuo por roubar un expositor con obxectos de prata ao ser interceptado cando cargaba con el.

Segundo informaron  fontes policiais, foron axentes antidisturbios da Policía Nacional os que detiveron na tarde deste luns ao individuo, que conta con antecedentes.

As mesmas fontes explicaron que o home "partiu parte" do expositor, que subtraeu dun comercio situado no casco antigo da capital galega e foi detido "in fraganti" cando cargaba con el.

Axente da Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL
Axente da Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta