Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2019 | Actualizada ás 11:09
A compañía galega Reganosa entrou a formar parte do consello de administración de Mercado Ibérico do Gas (MIGBAS), o operador español do mercado organizado do gas.
Segundo informa este xoves a multinacional de enerxía, o seu presidente, Carlos Collantes, foi designado conselleiro pola xunta xeral extraordinaria de accionistas da sociedade.
Nacido no ano 1954, Collantes é enxeñeiro industrial e desenvolveu a súa actividade profesiona no sector enerxético. Antes de asumir a presidencia de Reganosa foi director xeneral de Transporte en Rede Eléctrica.
Ademais, tamén desempeñou a presidencia das sociedades Inalta e Inelf (compañía participada ao 50% polos TSO eléctricos de España e Francia para o desenvolvemento de interconexións eléctricas), así como da peruana Tesur (Transmisora Eléctrica do Sur).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.