Rexistrados dous terremotos en Galicia

O epicentro dos tremores localizouse nos municipios de Ribeira e Cuntis.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2019 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

Dous terremotos foron rexistrados na xornada do mércores nos municipios de Ribeira, na provincia da Coruña, e Cuntis, en Pontevedra.

Terremoto rexistrado en Cuntis
Terremoto rexistrado en Cuntis | Fonte: ign.es.

Segundo a información do Instituto Xeográfico Nacional, o primeiro deles tivo lugar ás 4,34 horas da madrugada en Cuntis, a unha profundidade de 17 quilómetros e alcanzou unha magnitude de 2.1.

Posteriormente, ás 21,56 horas foi rexistrado outro tremor na costa de Ribeira, a unha profundidade dun quilómetro e que tamén alcanzou unha magnitude de 2,1.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta