Marea Atlántica denuncia a retirada de apoio no comedor escolar a un menor con autismo

O goberno local asegura que non é "competente" para prestar o servizo e esixe á Xunta que o dea.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/09/2019 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

O grupo municipal de Marea Atlántica denunciou que o Concello da Coruña lle retirou o apoio no servizo de comedor a un menor con autismo, mentres que o goberno local asegura que non é "competente" e esixe á Xunta que o preste.

Comedor escolar
Comedor escolar | Fonte: Europa Press.

O grupo municipal de Marea Atlántica afirma que se lle retirou o apoio a un menor cun trastorno do espectro autista durante as horas do comedor no CEIP Ramón de la Sagra.

"Sen motivo e sen previo aviso, o goberno municipal non renovou neste curso escolar a axuda que este menor necesita e coa que contaba anteriormente", engade.

Sobre esta denuncia, a Concellaría de Educación do Concello herculino esixe á Xunta que ofreza "de maneira inmediata" o apoio solicitado polo CEIP Ramón de la Sagra para este alumno.

Tamén nega que se lle retirase un apoio no servizo de comedor "posto que a competencia é exclusivamente autonómica". Respecto diso, afirma que o Concello non é "competente para contratar un servizo de coidador no comedor" e engade que o anterior goberno local utilizou un programa de reforzo educativo dirixido ao fracaso escolar e non aplicable neste caso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta