Temas: FRASEOLOXíA

“A cabalo” e mais de “de a cabalo”, moi semellantes a “a cachapernas”, “a/ás carranchapernas” e “a/ás carranchas”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 22/09/2019 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Tal e como comentabamos no anterior artigo, as locucións a cachapernas, a/ás carranchapernas e a/ás carranchas poden en moitas ocasións compartir espazos de uso con expresións do tipo de a cabalo ou de a cabalo, usadas para dar conta de que alguén vai montado ou sentado encol dunha cabalería, sobre todo coas pernas abertas (e, por extensión, sentado ou montado encol dunha persoa, animal ou cousa do mesmo xeito):

Cabalos bravos no monte galego
Cabalos bravos no monte galego | Fonte: UDC.

A caballo

{= 1. Montado ou sentado alguén encol dunha cabalería, sobre todo coas pernas abertas sobre o lombo desta. 2. Por extensión, sentado encol dunha persoa, animal ou cousa do mesmo xeito, isto é, cunha perna para un lado e outra para o outro. 3. (Habitualmente seguida da preposición entre) Participando de varias cousas –habitualmente dúas cousas contiguas ou que se consideran seguidas a unha da outra– ou ocupando parte de cada unha delas.}

A cabalo

De a cabalo

Ex. (acepc. 1): En la exposición había un cuadro en el que aparecía Hernán Cortés a caballo.

Na exposición había un cadro no que aparecía Hernán Cortés a cabalo de a cabalo.

Ex. (acepc. 2): El ganador del juego era quien primero consiguiera ponerse a caballo sobre el lomo del cerdo.

O ganador do xogo era quen primeiro conseguise pórse a cabalo de a cabalo sobre o lombo do cocho.

Ex. (acepc. 3): Esa temporada ya estuvo a caballo entre el filial y el primer equipo.

Esa tempada xa estivo a cabalo de a cabalo entre o filial e o primeiro equipo.

Ex. (acepc. 3): Se trata de una obra a caballo entre la narrativa, el ensayo y las guías de viajes.

Trátase dunha obra a cabalo de a cabalo entre a narrativa, o ensaio e as guías de viaxes.

NOTAS:

1. É de facer notar que na segunda das “acepcións” as locucións a cabalo e mais de a cabalo veñen a ser sinónimas practicamente totais de a cachapernas, a/ás carranchapernas e a/ás carranchas.

Sen embargo, se nos referimos á primeira das “acepcións”, xa non é así, pois naqueles casos en que non reflectimos ou manifestamos a entidade sobre da cal se está montado, as locucións a cabalo e de a cabalo dan a entender, por defecto, a montura sobre dunha cabalería, e inda máis concretamente sobre dun cabalo, significado que non achegan en por si aqueloutras tres últimas locucións. Exs.:

Hace unos minutos pasó por aquí a caballo.

Hai uns minutos pasou por aquí a cabalo de a cabalo.

En el retrato aparecía a caballo.

No retrato aparecía a cabalo de a cabalo.

Enunciados estes nos cales as locucións a cabalo e de a cabalo non poderían ser substituídas, sen máis, por a cachapernas, a/ás carranchapernas ou a/ás carranchas:

Hai uns minutos pasou por aquí *a cachapernas *a/ás carranchapernas *a/ás carranchas

No retrato aparecía *a cachapernas *a/ás carranchapernas *a/ás carranchas

{Teriamos que dicir en ambos os exemplos, para expresar o mesmo significado, algo así como a cachapernas a/ás carranchapernas a/ás carranchas dun cabalo, o cal resulta lingüisticamente antieconómico, de aí que nestes casos se empregue moi maioritariamente tanto a cabalo coma de a cabalo.}

2. Mesmo a maiores tamén podemos apuntar outra pequena diferenza: as locucións a cabalo e de a cabalo implican habitualmente a postura á que nos referimos con a cachapernas (isto é, coas pernas abertas caendo unha a cada lado da montura), pero non necesariamente é sempre así, xa que hai ocasións en que alguén vai a cabalo sen ir a cachapernas: son os casos en que se vai sentado nunha cabalgadura (ou mesmo nalgúns obxectos, coma por exemplo nunha moto) do xeito que en castelán se denomina como a mujeriegas (locución esta respecto da que forneceremos no próximo artigo as correspondencias en galego).

3. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Cuveiro Piñol, Juan: Diccionario gallego. Publicado en 1876. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- García González, Constantino: Glosario de voces galegas (1985). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Porto Rey, Francisco: Diccionario gallego-castellano. Publicado en 1900. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Rodríguez Gil, Francisco Javier: Diccionario gallego-castellano. Versión manuscrita (1855) e versión publicada en 1863 consonte a edición preparada por Antonio de la Iglesia González). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta