Evacuados unha muller e dous menores por inhalación de fume debido a un incendio na súa vivenda en Barbadás

Por E.P. | OURENSE | 20/09/2019 | Actualizada ás 09:38

Comparte esta noticia

Tres persoas, unha muller e dous menores, foron evacuadas por inhalación de fume debido a un incendio rexistrado na noite deste xoves nunha vivenda en Barbadás (Ourense).

Segundo informou o 112 Galicia, os servizos sanitarios de urxencia evacuaron a tres persoas, un adulto e dous menores, con síntomas de intoxicación por inhalación de fume procedente dun incendio declarado na cociña dunha vivenda en Barbadás.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso mediante a chamada de alerta da propietaria da vivenda ás 21,00 horas deste xoves, cando se iniciou un lume na mesma, situada na Avenida de Celanova, na Valenzá.

No momento en que se produciu o incendio na cociña, atopábanse no interior da vivenda o tres persoas, que atallaron o lume polos seus medio, pero, aínda así, inhalaron fume, xa que se estendía por todo o domicilio.

Fontes sanitarias explicaron a Europa Press que o 061 enviou ao lugar unha ambulancia asistencial que evacuou á muller M.J.F.S., de 46 anos de idade, ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).En relación aos danos materiais, o incendio rexistrado afectou aos mobles da cociña, a placa vitrocerámica e a campá extractora.

Ata o lugar acudiron, informados polo 112 Galicia, ademais dos servizos sanitarios, efectivos do parque de Bombeiros de San Cibrao das Viñas, membros do GES de Pereiro de Aguiar e axentes da Policía Local. Ademais, solicitouse a colaboración do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta