Temas: PSOE OURENSE

A xuízo dous acusados de espiar a outro para prexudicar a súa posible candidatura ao Senado polo PSOE en Ourense

A fiscalía atribúe aos dous acusados un suposto delito de descubrimento e revelación de segredos polos que pide unha pena de dous anos de cárcere e o pago dunha multa.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 20/09/2019 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

A que forq secretaria de Acción Electoral de PSOE de Ourense MT.T.C. e o seu compañeiro de partido E.C.R. serán xulgados o vindeiro xoves, día 26 de setembro, por espiar os antecedentes doutro militante para prexudicar a súa posible candidatura ao Senado pola provincia.

Xulgados.
Xulgados.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a fiscalía atribúe aos dous acusados un suposto delito de descubrimento e revelación de segredos polos que pide unha pena de dous anos de cárcere e o pago dunha multa.

A fiscalía considera que a acusada MT.T.C. contactou o 13 de setembro de 2015 por vía telefónica co outro acusado que era axente da policía para que comprobase os antecedentes penais do denunciante J.A.A, ao considerar que este podía ser o seu rival para disputarlle a condición de candidato ao Senado.

O Ministerio público asegurou que, debido a estes comportamentos, o denunciante "resultou prexudicado", xa que "o seu posto na lista de candidatos" á Cámara alta foi alterado.

O xuízo terá lugar o próximo día 26 de setembro na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense.

Temas: PSOE OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta