Anulado o despedimento dunha traballadora do Concello de Vilasantar por dobre discriminación

A empregada foi diagnosticada cunha enfermidade que lle dificultaba a realización dos traballos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2019 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

O xulgado do social da Coruña deulle a razón a unha traballadora auxiliar do servizo de axuda a domicilio do Concello de Vilasantar, e declarou nulo o seu despedimento por "unha dobre discriminación".

Concello de Vilasantar
Concello de Vilasantar | Fonte: Google Maps.

En concreto, segundo informa a CIG, a traballadora foi diagnosticada cunha enfermidade que lle dificultaba a realización dos traballos para os que foi contratada en 2008, o que lle obrigou a collerse baixa laboral en distintas ocasións e a incapacidade permanente con reserva de posto de traballo en 2014.

O INSS revisou a incapacidade en 2017 e emitiu alta, aínda que o Goberno local se negou a reincorporala ao posto sen facilitarlle ningunha outra alternativa. Tras denunciar o caso á Inspección de Traballo, a empregada foi despedida.

En concreto, tras esta medida ven indicios de vulneración de dereito fundamental de non discriminación por discapacidade e do dereito á tutela xudicial efectiva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta