A familia Franco recorre contra a incorporación do Concello de Sada e da Xunta na demanda por Meirás

Os herdeiros do ditador entenden que o único ánimo "viría determinado por un interese meramente político".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2019 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

O Concello de Sada recibiu este venres unha notificación do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña informándolle dun recurso de reposición interposto pola familia Franco contra a incorporación deste consistorio e da Xunta á demanda pola devolución do Pazo de Meirás.

Pazo De Meirás. EUROPA PRESS - Arquivo
Pazo De Meirás. EUROPA PRESS - Arquivo

Segundo informou o Concello, os Franco, no seu escrito, alegan que o consistorio "non ten interese lexitimo para poder intervir na demanda interposta polo Estado español" xa que, segundo o escrito, o único ánimo do Concello de Sada "viría determinado por un interese meramente político".

Despois de ler o escrito, o Concello de Sada entende que o Franco "non leron o Plan Xeral de Sada" nin o escrito polo que se solicitaba a intervención de Sada no procedemento en calidade de parte coadxuvante, xa a que "a posibilidade de recuperar para o patrimonio do Estado o Pazo de Meirás ten unha clara repercusión nos intereses municipais".

Por iso, o Concello acusa os Franco dun "basto intento de querer apartar" Sada da demanda "que ten por obxectivo a recuperación para o patrimonio publico do Pazo de Meirás" e augura que "van atopar non só oposición do propio cConcello, que presentará nos próximos días escrito de oposición ao recurso do Franco", senón tamén "do conxunto da cidadanía sadense e galega".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta