Os galegos gastaron un 25% menos nestas vacacións que o resto do estado

A media de gasto foi de 869 euros no verán, un 2% menos que o ano anterior.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2019 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

Os galegos gastaron este verán unha media de 869 euros, fronte aos 890 euros do pasado ano, o que supón un gasto un 2% menor que o realizado no 2018. Así o recolle o último Observatorio Cetelem Estacional de gasto no verán, que analiza o comportamento dos consumidores galegos respecto ao gasto realizado nas pasadas vacacións de verán.

Comparando o gasto estival dos galegos coa media nacional, situada en 1160 euros, este foi un 25 por cento menor. Do mesmo modo, un 29% dos galegos declara realizar un maior gasto que nas mesmas datas do 2018. No lado oposto, un 23% manifesta que o seu gasto foi menor que o ano anterior.

A maior porcentaxe é o daqueles galegos que manifestan gastar o mesmo cun 49%. Os galegos foron moi aforradores con respecto ao orzamento destinado ás vacacións estivais. A intención de gasto, declarada no mes de xuño, foi de 1.423 euros e o gasto real realizado foi de 869 euros.

As viaxes marcan a tendencia, sobre todo dentro das fronteiras. Un 33% dos galegos enquisados afirma que estes días realizou algunha viaxe no noso país gozando da rede de hoteis e apartamentos, dato levemente maior que o 30% do 2018.

Nunha distante segunda praza atópanse aqueles galegos que manifestan aloxarse en casa de familiares e amigos (19%). En terceiro lugar están os que optaron por viaxar ao estranxeiro, unha opción pola que se decantou o 14% dos galegos.

Vacacions
Vacacions | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Uf Uf

É que son moi aforradores...