Compostela acolle este domingo o III Xornadas de Enfermidade Renal de Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2019 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

A Federación ALCER Galicia organiza este domingo o III edición das Xornadas de Enfermidade Renal de Galicia, que acollerá o Edificio Docente Novoa Santos xunto ao Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Estas xornadas nacen da importancia do traballo multidisciplinar para abordar de forma integral as demandas e necesidades das persoas que padezan este tipo de enfermidades no día a día, así como as súas familias e coidadores.

Así, o evento abrirase ás 09,30 horas, coa recepción de asistentes, e contará coa presenza de representantes da Sociedade Galega de Nefroloxía, Alcer, ou a Xunta de Galicia, entre outras administracións e entidades.

Enfermeira prepara a sala de exploración de urxencias
Enfermeira prepara a sala de exploración de urxencias | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta