Rescatan un home que caeu nun cantil cando facía a Ruta dos Faros en Ponteceso

Varios sendeiristas axudaron o home.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2019 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

Un home foi auxiliado este luns tras caer por un cantil cando percorría parte da Ruta dos Faros ao seu paso polo termo municipal coruñés de Ponteceso.

Praia da Barda
Praia da Barda | Fonte: www.caminodosfaros.com.

Segundo informou o 112 Galicia, "a rápida intervención dos servizos de emerxencias e doutros sendeiristas" que estaban na zona "impediu que o home continuase descendendo polo desnivel".

Todo comezou pouco antes das 11,00 horas cando varias persoas chamaron ao 112 Galicia para solicitar o rescate dun home que caera por un cantil preto da praia da Barda.

Por iso, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia activou un operativo formado por un equipo médicos e efectivos da Policía Local e do GES da localidade.

Tamén foron informados os Bombeiros de Carballo, pero a axuda doutros sendeiristas, axentes da Policía Local e profesionais sanitarios fixo innecesaria a súa intervención ao porse a salvo o afectado.

Con todo, o home foi evacuado nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ata un centro de saúde para ser atendido dalgúns golpes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta