Despregado un dispositivo especial de seguridade na Coruña polo temporal de vento

O goberno local pídelle á cidadanía precaución e chama a evitar situacións de risco ante a situación meteorolóxica, subliña nun comunicado.

Por E.P. | A CORUÑA | 23/09/2019 | Actualizada ás 16:33

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña despregou un dispositivo especial de seguridade ante a previsión meteorolóxica, que alerta de fenómenos costeiros adversos no mar e refachos de vento na terra.

Desde as 12,00 horas, os servizos de seguridade iniciaron o precintado dalgunhas zonas de parques e xardíns da cidade ante o temporal de vento e polo que hai decretada a alerta amarela.

O peche destes espazos, que se manterá ata as 08,00horas do martes, afectará o Campo de Marte, Torre de Hércules, parque infantil das Xubias de Abaixo, parque Carlos Casar, Durmideiras e xardíns da Maestranza. Pecharase tamén a porta principal de acceso ao parque de Santa Margarita.

O goberno local pídelle á cidadanía precaución e chama a evitar situacións de risco ante a situación meteorolóxica, subliña nun comunicado.

Temporal no mar
Temporal no mar | Fonte: @ Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta