O exarcebispo de Tanger, Santiago Agrelo, denuncia as "horribles" penurias que sofren migrantes e refuxiados

O seu primeiro contacto directo co mundo da migración foi unha revolución na súa mirada e descubriu un mundo no que pasan "cousas moi terribles", das que non tiña nin idea.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2019 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O frade franciscano galego Santiago Agrelo, exarzobispo en Tánxer durante máis dunha década, continúa a día de hoxe denunciando a represión e as penurias que sofre a poboación migrante, aqueles que loitan por traspasar a fronteira, e a situación na que se atopan numerosas persoas nos campos de refuxiados ao longo do mundo.

Agrelo participou este luns nunha rolda de prensa convocada pola Rede Galega en apoio ás Persoas Refuxiadas, como preámbulo da charla-encontro que o franciscano galego impartirá no Colexio Compañía de María de Compostela, este martes a partir das 20,00 horas.

O seu primeiro contacto directo co mundo da migración cambio supuxo unha revolución na súa mirada e descubriu un mundo no que pasan "cousas moi terribles", das que non tiña nin idea. Agrelo dedicouse a atender a estas persoas a través de Cáritas, ata que os gastos disparáronse, e finalmente acabou creándose a chamada delegación Diocesana de Migrantes, dedicada "exclusivamente" a atender a este colectivo.

O franciscano galego, ademais das súas conferencias, emprendeu unha actividade directa de axuda en Tánxer, onde puido contemplar a "violencia" e a represión cara a estas persoas. Entre esta acción, lembra as viaxes a Ceuta para realizar unha subministración regular de alimentos no traxecto entre esta zona e Tánxer, ata que hai uns anos as forzas policiais "dispersaron a todo o mundo".

Agrelo leva tres meses en Galicia, de volta a Santiago, coa "sensación estraña" de contemplar a imposibilidade de que a sociedade "se dea conta do que está a suceder" no mundo. É por iso que pediu "facer un esforzo" e tomar "un compromiso serio", dado que o Camiño de Santiago non termina en Compostela, senón que "termina nos pobres".

Neste sentido, advertiu de que o mundo no que vivimos parécelle "infinitamente lonxe" do descrito no Evanxeo, pero ao mesmo tempo "é fillo" e produto da propia sociedade. Agrelo considerou "escandaloso" a situación na que están estas persoas, e a posición dalgúns medios de comunicación ligados á Conferencia Episcopal, nos que se emitiron xuízos "islamófobos".

DEMANDAS

Desde a Rede, Cristina Bandín asegurou que as entidades que conforman esta plataforma comparten a "vergoña de que non se faga o posible" desde a sociedade occidental para que "iso termine", e ha trasladados una serie reclamacións ao Goberno.

Entre elas, unha reforma rápida e efectiva da Lei de Estranxeiría, políticas de fronteiras que establezan a defensa da vida, compromiso de impulso de políticas contra ideoloxías baseadas no racismo e xenofobia, concreción práctica e efectiva da atención sanitaria a este colectivo, políticas de asilo, ou compromiso coa eliminación dos campos de refuxiados.


Foro Galego de Inmigración
Foro Galego de Inmigración

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta