A Deputación de Pontevedra busca que a Xunta se comprometa na transferencia da escola de cantaría

O Goberno provincial enviou unha carta á conselleira de Educación para solicitar unha reunión.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2019 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra enviou unha carta á conselleira de Educación, Carmen Pomar, para solicitar unha reunión na que abordar a transferencia da escola de cantaría. O ente provincial explica que a carta é consecuencia da moción presentada en pleno polo PP e apoiada por todos os grupos.

Escola de Cantaría de Pontevedra
Escola de Cantaría de Pontevedra | Fonte: Deputación de Pontevedra.

No texto, a corporación acordou solicitar ao Instituto Nacional de Cualificacións (INCUAL) a creación de ciclos de FP que "homologuen e incorporen ao sistema educativo regulado galego os estudos tradicionais da escola de cantaría".

Segundo sostén o ente provincial, dita moción "continúa a senda" iniciada no anterior mandato, cando se aprobou, tamén por unanimidade dos grupos, outra iniciativa orientada no mesmo sentido promovida polos socialistas.

Así as cousas, a deputada provincial Noemí Outeda sinalou que o goberno da Deputación traballa nestes momentos na regularización urbanística das instalacións construídas en Poio no ano 2000.

Unha vez completado este paso, o Executivo pontevedrés solicita a axuda da Xunta para "axilizar" a creación dos dous certificados de profesionalidade "como paso intermedio" á obtención de dous títulos de FP.

Ademais, reclaman que a Xunta inclúa nos orzamentos autonómicos do próximo ano unha partida econónica "específica" que cubra o 50 por cento do custo do funcionamento deste "centro único en Galicia e referencia mundial".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta