Temas: XUSTIZA OURENSE

Os xulgados de Ourense dispoñen dunha sala pioneira adaptada para a declaración de testemuñas vulnerables

O espazo emprega métodos telemáticos para a comunicación entre unha zona de exploración e outra de observación, que garanten a seguridade.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 24/09/2019 | Actualizada ás 15:59

Comparte esta noticia

Os xulgados de Ourense dispoñen dunha sala Gesell especialmente adaptada para a declaración de testemuñas vulnerables en condicións de protección e privacidade. Trátase dun espazo pioneiro en Galicia polo seu emprego de métodos telemáticos para a comunicación entre a zona de exploración e a de observación, con accesos distintos.

Xulgados.
Xulgados.

A Xunta de Galicia ten como obxectivo continuar coa instalación deste tipo de dependencias noutros edificios xudiciais, segundo explicou este martes o vicepresidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, durante a súa visita á sala Gesell instalada na cidade das Burgas.

O espazo conta cunha zona de exploración e outra de observación con accesos distintos e conectados mediante un sistema de videoconferencia. Con este tipo de declaracións o que se pretende, destacou a Xunta, é evitar a revictimización ou a xeración de momentos traumáticos ás testemuñas menores de idade e a outras persoas especialmente vulnerables como, por exemplo, as vítimas de violencia de xénero.

"Estes espazos pretenden facilitar, no posible, os trámites xudiciais aos que máis o necesitan proporcionándolle un lugar cun ambiente amigable e familiar", manifestou Alfonso Rueda. "Trátase de crear unha xustiza máis humana", engadiu.

Ademais, o uso desta sala permite que as testemuñas declaren mo ámbito xudicial unha soa vez, de forma que se evita á vítima repetir unha e outra vez o relato dos feitos, sobre todo en delitos de especial gravidade como os de natureza sexual.

Temas: XUSTIZA OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta