O Goberno de Santiago ultima a ordenanza que regulará os pisos de aluguer vacacional

As inmobiliarias alertan de que a metade dos pisos dispoñibles para aluguer en Santiago se dedican a este fin.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2019 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou este mércores que o Concello espera ter "a final de ano" un borrador da ordenanza reguladora de pisos de aluguer, que permita abordar o "grave problema para a cidade" que supón a proliferación de pisos turísticos.

Peregrinos a escasos metros da Catedral de Santiago de Compostela
Peregrinos a escasos metros da Catedral de Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press.

Sánchez Bugallo e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, asistiron a un almorzo de traballo organizado pola Asociación Galega de Inmobiliarias (Agalin), onde destacou que o Concello está "a traballar para resolver" os problemas derivados dos pisos de aluguer turístico.

O presidente de Agalin, Carlos Debasa, alertou de que a metade dos pisos dispoñibles para aluguer en Santiago se dedican a aluguer vacacional ou turístico, algo que provoca "un problema de oferta de aluguer tradicional e un incremento dos prezos".

Ademais da normativa na que xa traballa o Concello, o alcalde afirmou que son necesarios tamén medios para garantir que a normativa se cumpre. Por iso, espera que no primeiro semestre do ano que vén poida haber un novo servizo de inspección contratado a través dunha asistencia técnica externa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta