O lendario músico John Mayall chega a Galicia

Actuará na Coruña e Pontevedra con motivo da súa xira '85th Anniversay Tour'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2019 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

O lendario músico John Mayall, precursor da invasión do blues británico, chega a Galicia da man de Afundación para actuar a próxima semana na Coruña (Teatro Colón, 2 de outubro) e Pontevedra (Sede Afundación, 5 de outubro) con motivo da súa xira '85th Anniversay Tour'.

John Mayall
John Mayall | Fonte: Europa Press

Considerado unha das figuras claves da música contemporánea, Mayall visitará Galicia cunha banda conformada por Carolyn Wonderland, Billy Watts (guitarras), Greg Rzab (baixo eléctrico) e Jay Davenport (batería).

Durante 50 anos, John Mayall foi un pioneiro do blues, o que lle valeu o título de 'Padriño do Blues Británico'. A súa fama estendeuse ao formar parte da banda The Bluesbreakers pola que pasaron, entre todos, Mick Taylor, Peter Green ou Eric Clapton.

As entradas para os concertos que John Mayall ofrecerá en Galicia xa están á venda e poden adquirirse a través da web www.ataquilla.com.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta