Unha campaña da DXT en Santiago demostra a incidencia do móbil en distraccións ao voltan

Desde Tráfico lembran que canto maior é a velocidade do vehículo, menor marxe de reacción ten o condutor fronte a imprevistos e máis inconveniente resulta que se concentre na tarefa de conducir evitando distraccións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2019 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

A Policía Local de Santiago puxo un total de 15 denuncias centradas en distraccións ao volante, 14 delas polo uso do teléfono móbil e outra por utilizar auriculares conectados a un reprodutor, durante unha campaña especial da Dirección Xeral de Tráfico (DGT) desenvolvida entre o luns 16 e o domingo 22 de setembro. Segundo informa o Concello, os axentes do corpo local controlaron 3.326 vehículos e levantaron 15 denuncias, o que supón o 2,2 por cento dos inspeccionados.

De acordo con datos da DXT, no 2018 as distraccións --principalmente polo uso indebido de móbiles, navegadores GPS e outros dispositivos-- apareceron como factor concorrente nun 32 por cento dos accidentes con vítimas mortais. Neste sentido, o uso dun teléfono multiplica por catro o risco de sufrir un sinistro, o que o equipara ao consumo de alcol.

De feito, lembra Tráfico, canto maior é a velocidade do vehículo, menor marxe de reacción ten o condutor fronte a imprevistos e máis inconveniente resulta que se concentre na tarefa de conducir evitando distraccións.

Condutor con teléfono móbil, condución, tráfico, seguridade viaria. SCT - Arquivo
Condutor con teléfono móbil, condución, tráfico, seguridade viaria. SCT - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta