A xuíz que investiga os deputados de Galicia en Común pregunta ao Congreso polo seu aforamento

O xulgado pide á Cámara que certifique a condición de aforados dos tres parlamentarios imputados pola protesta de Alcoa en Madrid.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 24/09/2019 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

A titular do Xulgado de Instrución número 25 de Madrid, Raquel Robles González, que abriu unha investigación contra tres deputados do Grupo Confederal de Unidas Podemos, entre eles os galegos Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz, por un delito de atentado á autoridade, ditou unha providencia na que pregunta ao Congreso para que lle certifique a condición de aforados dos tres imputados.

Os deputados do Grupo Confederal de Unidas Podemos Rafa Mayoral, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino nunha concentración con sindicatos
Os deputados do Grupo Confederal de Unidas Podemos Rafa Mayoral, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino nunha concentración con sindicatos | Fonte: Europa Press

Segundo informaron fontes xurídicas, a maxistrada desistiu da súa intención de interrogar como investigados a Rafael Mayoral, Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz polos incidentes ocorridos o pasado marzo nunha manifestación cos traballadores de Alcoa fronte ao Congreso sen ter en conta que estarían aforados debido á súa condición de parlamentarios.

O informe policial sobre os feitos polos que a xuíz decidiu abrir causa xa apuntaba expresamente que Mayoral, Gómez-Reino e Díaz eran membros do grupo parlamentario de Unidas Podemos, polo que só poden responder o Tribunal Supremo.

As fontes consultadas aseguran que Robles González se decatou desta circunstancia, polo que anulou a súa decisión e ditou unha providencia na que pregunta ao Congreso sobre a situación deste tres parlamentarios e máis tendo en conta a disolución este martes das Cortes ante a repetición de eleccións.

MANTEÑEN O AFORAMENTO

Dáse a circunstancia de que os tres investigados manteñen o seu aforamento, xa que forman parte da Deputación Permanente do Congreso dos Deputados en representación do Grupo Confederal de Unidas Podemos.

A semana pasada, tras coñecer a citación xudicial, Unidas Podemos acusou o ministro do Interior en funcións, Fernando Grande-Marlaska, de "persecución política" e de "reactivar as cloacas".

Segundo dixo Mayoral, o procedemento "é completamente irregular de principio a fin" porque, segundo lembrou, só pode ser chamado polo Tribunal Supremo debido á súa condición de deputado. Así mesmo, defende que as acusacións de agresión aos axentes que figuran no atestado policial son feitos "manifestamente falsos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Gamela

lembrarlles ás súas Señorías (aforada na Dep. Permanente) que aquí pediron a CABEZA de Paula Quinteiro por unha falcatruada noctura que nada tiña que ver cunha denuncia ante xulgado algún (?) É dicir, o dobre raseiro resulta evidente! Paula Quinteiro saiu a MEDIAR entre cidadáns e policía local... e foi condeada polo seu propio grupo parlamentario !!! Sería boa cousa que todos aqueles que a botaron aos pés dos cabalos sen darlle siquera oportunidade de defensa (Villares á cabeza!) tomaran NOTA !!!

1 TIC-TAC, TIC-TAC, TIC-TAC

pronto deixaran de ser deputados! pronto deixaran de engar os traballadores o problema da empresa esta na unidade de expaña!!! Expaña e a ruina da Galiza- TIC-TAC... TIC-TAC...

1 Galicia Beibe

Xa sabemos que no BNG preferides que saian deputados dos vosos Amos do PSOE antes que deputados comúns, pero podiades disimular un pouquiño.