O autor Valentín Alvite gaña o Premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña

O xurado decidiu, ademais, declarar finalista a novela 'A noite da deusa', da autora María López Sandez.

Por E.P. | A CORUÑA | 25/09/2019 | Actualizada ás 16:02

Comparte esta noticia

O escritor Valentín Alvite (Vimianzo, 1959) gañou o Premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña na súa XII edición, segundo informa o organismo provincial. Fíxoo coa novela 'Antía e Daren e os pequenos detectives'. O xurado decidiu, ademais, declarar finalista a novela 'A noite da deusa', da autora María López Sandez.

O xurado estivo composto por Montse Pena Presas, Antonio Manuel Fraga, Xosé Cobas e a gañadora e o finalista da edición anterior, An Alfaya e Xosé de Cea. Ademais, estivo presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto,

Da obra gañadora, destaca, no seu fallo, que é "unha novela de misterio presidida polo humor". Tamén destaca "a orixinalidade da historia que sae das liñas habituais da literatura infantil máis recente".

Valora tamén na obra de Alvite a súa "retranca e desbordante humor" cun léxico "moi coidado e unha prosa moi áxil". Pola calidade da obra, declarouse finalista a obra 'A noite da deusa', de María López Sandez.

Valentín Alvite, gañador da XII edición do Premio Raíña Lupa. DEPUTACIÓN DA CORUÑA - Arquivo
Valentín Alvite, gañador da XII edición do Premio Raíña Lupa. DEPUTACIÓN DA CORUÑA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta