Presentan alegacións contra os horarios de peche do novo catálogo de actividades da Xunta

A Asociación Galega de Salas de Concertos 'Clubtura', declara que os novos horarios de peche son incompatibles coa súa actividade de música en directo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2019 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Salas de Concertos 'Clubtura' presentou alegacións á proposta de orde de horario xeral de apertura e peche dos establecementos públicos elaborada pola Xunta, un documento que "propón reducir o horario de apertura das salas de concertos ás 4 da mañá, mentres que permitiría ás discotecas e salas de festas permanecer abertas ata as 5", denuncian.

Para Clubtura, o feito de "non recoñecer ás salas de concertos como únicos locais capacitados para albergar música en directo" é "incompatible co feito de pretender reducir o seu horario".

"As salas de concertos vivimos en constante competencia con outros locais que programan música en directo sen contar coas condicións que se nos esixen a nós, se coa nova normativa a Xunta reduce o noso horario, a competencia desleal pasará a ser algo amparado legalmente", indicaron.

Ademais, Clubtura presentou outro tres alegacións, unha solicitando a equiparación horaria entre Salas de Concerto e Café-Espectáculo, outra reclamando unha mellor redacción no epígrafe de horarios especiais e unha última relativa aos horarios de apertura.

Un concerto de Leilía
Un concerto de Leilía | Fonte: Alfonso Alonso

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta