Detidos en Galicia cinco implicados nunha rede dedicada ao narcotráfico e branqueo de capitais

Segundo a Policía Nacional, a rede criminal dedicábase ao tráfico de sustancias estupefacientes na Unión Europea e, de maneira paralela, blanqueaba todas as súas ganancias con diferentes métodos e sistema.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2019 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

A Operación 'Beautiful', que permitiu o arresto de máis de 40 persoas implicadas na maior rede do Levante español dedicada ao narcotráfico e ao branqueo de capitais, levou tamén a detención de cinco persoas en Galicia.

Segundo informaron  fontes da investigación, dentro desta operación foron detidos veciños da Coruña, Betanzos, Culleredo, Vigo e Moaña por narcotráfico e branqueo de capitais. Está previsto que na xornada deste venres os arrestados pasen a disposición xudicial dentro da operación coordinada polo Xulgado de Instrución número 2 de Alacante.

O pasado mércores un centenar de efectivos da Policía Nacional levaron a cabo numerosas detencións e un total de 13 rexistros en Alacante, Valencia, Madrid e Barcelona. A organización criminal estaba principalmente asentada en Alacante, aínda que contaba con "fortes ramificacións" ademais de en Galicia, en Madrid, Valencia, Murcia e Barcelona.

Segundo a Policía Nacional, a rede criminal dedicábase ao tráfico de sustancias estupefacientes na Unión Europea e, de maneira paralela, blanqueaba todas as súas ganancias con diferentes métodos e sistemas.

Ata o momento foron intervidos máis de 600.000 euros ocultos en diversos compartimentos no interior de varios domicilios, procedeuse ao bloqueo xudicial de máis de 600 contas bancarias e foron localizadas 300 propiedades valoradas en máis de 20 millóns de euros. Ademais, impútanselles operacións de branqueo superiores a 7 millóns de euros.

CASO DE ALTA PRIORIDADE PARA EUROPOL

A Operación 'Beautiful' iniciouse no ano 2008 e permitiu o arresto de máis de 40 persoas, a incautación de case 4.000 quilos de cocaína, a intervención de armas de fogo e un gran número de vehículos de alta gama e embarcacións de luxo.

A investigación está englobada nunha das accións operativas da plataforma Multidisciplinar Europea contra as Ameazas Delituosas de Europol (EMPACT polas súas siglas en inglés) como caso de alto prioridade e desenvolveuse de forma conxunta con axentes de Colombia, Portugal, Suecia, Romanía, Francia e a axencia británica NCA.

Axente da Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL
Axente da Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta