Máis de medio millón de persoas en Galicia coidan regularmente fillos e familiares dependentes

Se se restrinxe a análise ao colectivo de persoas que coida unicamente de familares dependentes, a porcentaxe de mulleres coidadoras sitúase no 64,1%.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2019 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

Unhas 551.800 persoas encárganse do coidado regular dos seus fillos e/ou de familiares dependentes en Galicia. Entre eles, hai unha brecha de 10 puntos entre os que son mulleres (o 55%) e os que son homes (o 45%), segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Se se restrinxe a análise ao colectivo de persoas que coida unicamente de familares dependentes, a porcentaxe de mulleres coidadoras sitúase no 64,1%. O 73,2% das persoas de 18 a 64 anos que realizaron tarefas de coidado regular de familiares en 2018 (unhas 404.000 persoas) pertencía ao colectivo de poboación ocupada de Galicia, o 10,2% (ao redor de 56.100 persoas) estaba parada e o 16,6% (404.000 persoas) formaba parte da poboación inactiva.

Por sexo, a porcentaxe de homes de entre 18 e 64 anos que en 2018 compaxinou o coidado de fillos (ou dependentes) cunha actividade laboral foi superior ao de mulleres: 82,3% para o colectivo masculino fronte ao 65,7% para o feminino. Pola contra, o 22,8% das mulleres que se fixeron cargo atopábase na situación de inactividade.

En 2018 unhas 74.300 persoas con fillos a cargo (o 17,1%) utilizaron servizos de coidado. Pola contra, outras 358.900 non empregaron este tipo de servizos. Os principais motivos aducidos para non facelo foron que organizaron o coidado coa parella (o 42,7%) ou que contaron coa axuda de avós ou parentes (o 26,7%). O 5,8% das persoas con fillos a cargo non recorre a estes servizos porque considera que son demasiado caros.

FLEXIBILIZACIÓN

Para o 23,4% da poboación ocupada de Galicia con fillos (unhas 79.900 persoas), o seu coidado tivo efecto no seu emprego actual en 2018: o 47,9% deste colectivo reduciu o número de horas de traballo e outro 27,5% modificou as súas horas de entrada e saída ao traballo.

O 40,9% da poboación asalariada con responsabilidades de coidado dispón da posibilidade de modificar o inicio ou o fin da súa xornada laboral; e o 49,4% deste colectivo ten a opción de organizar a xornada laboral para dispor dun día libre.

As ocupacións coas maiores porcentaxes de trabajadorse con posibilidade de flexibilizar a xornada son administrativos e empregados de oficina (52,1%), seguidos de técnicos (52%). Das 964.900 persoas con fillos propios ou da parella, o 27,9% (269.500 persoas) abandonou o seu traballo nalgún momento desde que deixaron os estudos para atender o seu coidado. Deste colectivo, o 58,6% fixérono por un período inferior a seis meses e o 16,3% por un período de entre seis meses a un ano.

Coidados a fillos. EUROPA PRESS - Arquivo
Coidados a fillos. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta