'Invisibles', o espectáculo dramático para visibilizar a violencia machista, chega este domingo á Estrada

A obra articúlase ao redor da novela homónima de Montse Fajardo e presenta ante o público sete testemuños reais cun fío común entre eles: a violencia machista.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 28/09/2019 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra leva este domingo, 29 de setembro, á localidade da Estrada, o espectáculo dramático 'Invisibles', da compañía Redrum Teatro, para visibilizar a violencia machista.

O evento, que se celebrará no Teatro Principal da Estrada a partir das 19,00 hotas, terá unha duración aproximada de 90 minutos e porá no punto de mira a invisibilidade que sofren os culpables de agresións machistas en contraposición coa exposición á que ven abocadas as vítimas ante a sociedade.

O espectáculo 'Invisibles', dirixido por Marián Bañobre, articúlase ao redor da novela homónima de Montse Fajardo e presenta ante o público sete testemuños reais cun fío común entre eles: a violencia machista. A obra, coproducida por Redrum Teatro, o Centro Dramático Galego, a Concellaría de Igualdade de Pontevedra e a Deputación da Coruña, recibiu nos XXIII Premios de Teatro María Casares tres galardóns.

Teatro. REMITIDA
Teatro. REMITIDA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta