Anova deixa as portas "abertas ata o último minuto" para lograr acordos de cara as xerais

Anova celebrou este sábado en Santiago unha conferencia política preasamblearia na que reafirmou a súa "aposta unitaria de ruptura co réxime".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2019 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

Anova Irmandade Nacionalista aínda non chegou a un acordo con ningunha outra forza da esquerda rupturista para concorrer nunha candidatura "única", tal e como reclama, ás próximas eleccións xerais do 10 de novembro.

Con todo, a unhas 36 horas de que se peche o prazo para inscribir as coalicións que concorrerán ás urnas, os nacionalistas encabezados por Antón Sánchez deixan as portas "abertas ata o último minuto". "Por nós non vai quedar que haxa unha única papeleta do espazo o próximo 10N", sinalan, a través dun comunicado.

Anova celebrou este sábado en Santiago unha conferencia política preasamblearia na que reafirmou a súa "aposta unitaria de ruptura co réxime", que é a liña que "sempre" mantiveron, segundo ratificaron fontes da formación. Estas mesmas fontes confirmaron que se manterán conversacións nas próximas horas porque "hai abertas moitas bandas" para o acordo con outras forzas de esquerda, entre elas a nova plataforma de Íñigo Errejón, Más País, que prevé presentar listas tamén en Galicia.

No entanto, os seus socios preferentes no diálogo serían Podemos e Esquerda Unida (EU), con quen Anova comparte grupo no Parlamento galego e cos que houbo negociacións para concorrer ás xerais do pasado 28 de abril. Por aquel entón non houbo acordo porque "non se daban as condicións" para reeditar unha candidatura de confluencia como a de En Marea --partido que agora concorre en solitario-- nos comicios do 2015 e 2016. Finalmente, Podemos e EU integráronse na plataforma Galicia en Común, que conseguiu dous deputados no Congreso.

"TODOS OS AXENTES DO ESPAZO DE RUPTURA"

No comunicado remitido aos medios tras a conferencia política deste sábado, Anova aposta por unha candidatura liderada por "unha mesa de coordinación" na que "deben estar representados todos os axentes do espazo de ruptura, sen exclusións, partidos políticos e mareas municipalistas na fórmula que se concrete".

Ademais, o partido entende que dentro dun eventual acordo programático debería situarse "a defensa da soberanía popular da nación galega como suxeito político", o "compromiso activo" contra o cambio climático e a "derrogación das reformas laborais de PP e PSOE", entre outros retos que definen como "liñas radicais".

"É necesario recuperar os valores que levaron en Galicia ao proceso de acumulación de forzas desde 2012" con Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), "e para iso é preciso a xenerosidade para incluír no proceso a toda a diversidade dun espazo onde se acorde entre iguais", insiste Anova. Con esta proposta, o obxectivo da formación nacionalista fundada por Xosé Manuel Beiras é o de "gañarlle á frustración e á desmovilización", "frear ao bloque reaccionario da dereita" e facer fronte "á estratexia do réxime partidista de fortalecerse" o próximo 10 de novembro.

O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez.
O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Avella Inimizade Rexionalista

Que queredes presionar con que vos ides con Errejón se Pablemos non vos da un postiño? Se non vos queren nin nun sitio nin no outro home

4 Pablo Abel

En Marea, Anova, BNG e Compromiso por Galicia, todos xuntos

3 Pitito

Un cadavre "exquisito" que diria Dali. Iolanda os merendou e deixou os restos como sobremesa

2 Gamela

alguén sabe algo de Alexandra Kollontai (?) estaba presente no cónclave (?) alguén barallou siquera o seu nome para unha Lista de Unidade (?) http://parte.gal/2019/02/18/o-treme... As cousas van demasiado a présa para pensar nada (?)

1 lóstrego

Se vos queda dignidade xa vos vexo votando ao bng. Cos madrileños non se vos van dar as condicións, porque pasan de vós.

1 Jazeera

Votar BNG é tirar co voto ao lixo. Nin é digno nin é útil.

2 Gulipeiro

Calquera nacionalista galego que non vote ó BNG nas vindeiras eleccións exercerá de nacionalista español empadroado en Galiza, nen máis nen menos. Dos erros apréndese cando se corrixen. Abonda xa!

3 Orduño

O discurso de Gulipeiro que reza "só é galego quen vote BNG" desprende unha ideoloxía máis próxima ao nazismo ca o nacionalismo. Se no BNG continúan fomentando ese discurso, estarán a xogar con lume.