Piden entre tres e catro anos para tres funcionarios e un recluso do cárcere de Teixeiro por agresións

Os sucesos aconteceron en maio de 2012 cando o recluso protagonizou un incidente no comedor e de alí foi apartado a unha zona de seguridade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2019 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña xulga este mércores e xoves, 2 e 3 de outubro, a tres funcionarios da prisión de Teixeiro e a un recluso por supostas agresións ocorridas en maio de 2012.

Segundo o escrito de Fiscalía, o preso, AMPR, protagonizou un incidente no comedor con outros internos aos que insultou. Tras iso, o tres funcionarios de prisións (PMCS, MMB e ARC) apartárono a unha zona de seguridade, onde o interno, "nun estado agresivo e actuando con evidente desprestixio do principio de autoridade, comeza a bracear e a lanzar patadas alcanzando" a un dos traballadores.

Seguidamente, o tres funcionarios conducen ao preso ao despacho do educador, onde supostamente lle propinaron unha malleira con "puñadas e patadas no abdome".

Por estes feitos, Fiscalía pide para cada un dos funcionarios unha pena de catro anos e tres meses de cárcere por delitos de lesións, así como con 5.500 euros polos días de curación das feridas e as secuelas. Así mesmo, a petición de prisión para o recluso é de tres anos por un delito de atentado e lesións coa agravante de reincidencia.

O fiscal apunta que o axente agredido sufriu a fractura dun dedo --con 80 días de curación--. Mentres, o preso sufriu, entre outras feridas, a rotura de dúas costelas e un brazo, con necesidade de intervención cirúrxica --con 45 días de curación-- e secuelas.

Centro penintenciario de Teixeiro
Centro penintenciario de Teixeiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta