A Xunta critica que o Goberno ofreza unha transición enerxética cara "á nada" mentres reclama "diálogo"

O conselleiro de Industria critica que o Executivo de Pedro Sánchez "non negocia" e "non está a pór alternativas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2019 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegurou este domingo que a Xunta "leva tempo" reclamando "diálogo" e "consenso" no proceso de descarbonización enerxética e criticou que o Goberno central ofreza unha transición ecolóxica  cara "á nada". En declaracións ofrecidas á Radio Galega, recollidas por Europa Press, Conde reclamou "alternativas" fronte ao inminente peche da central térmica de Endesa nas Pontes.

Neste sentido, advertiu que "en ningún caso" o proceso de descarbonización "pode utilizarse como escusa, nin por parte do Goberno nin por parte da empresa, para desvincularse dos seus compromisos co territorio".

Así, o conselleiro valorou que desde a Administración galega hai unha actitude "construtiva e positiva", mentres que o Executivo de Pedro Sánchez "non negocia" e "non está a pór alternativas". "Non podemos aceptar que se pechen as nosas centrais térmicas para converternos nun país deficitario e despois importar enerxía doutros países", engadiu.

E é que, mentres Galicia "leva moitos anos facendo os seus deberes" coas renovables, o Estado "non pode expor unha ruptura" desta forma. "Iso non é unha transición. Unha transición significa dar esas alternativas", proseguiu.

Para Conde, todo iso débese a unha decisión "abrupta" do Ministerio de Teresa Ribeira. Por iso, suxeriu que a descarbonización "non se trata de chegar o primeiro, senón de saber chegar". "Nós (a Xunta) seguiremos traballando nese contexto", sentenciou.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, en Ourense.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, en Ourense. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta