As veas sangrantes do nacionalismo galego

Galicia queda sen coalición nacionalista. O BNG presentarase só, En Marea e CxG decidirán nos vindeiros días o seu futuro electoral e Anova acorda non presentarse o 10N.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 30/09/2019 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O nacionalismo segue supurando Amio por todas as veas. Pasaron sete anos desde a gran ruptura do nacionalismo e as feridas non dan fechado. Semella, ademais, que aumentan ano tras ano. A última posibilidade dunha gran fronte nacionalista para o 10N, frontes que existen en Catalunya, Euskadi ou Nafarroa, con posibilidades de poder volver a Madrid quedou en nada. Ningún dos actores deu o brazo a torcer ou xogou ao despiste ata o último momento e, onde non hai berzas, pouco e bo caldo vai dar.

Ana Pontón e Luis Villares
Ana Pontón e Luis Villares | Fonte: EPG

Foi En Marea quen lanzou a oferta o sábado 24 de setembro tras un Consello da formación, o domingo era CxG quen se sumaba á mesma oferta tras a asemblea nacional celebrada tamén durante esa fin de semana. O BNG e Anova deron o silencio por resposta. E, a partir de entón, a incerteza duns e doutros.

En Marea xogou ao despiste cunha oferta que era galega pero na que quería tamén incluír unha vía estatal cun posible pacto coa nova formación de Errejón, Más País. E foi aí, cando o BNG atopou a xustificación para pechar calquera porta co partido de Villares.  "Cando alguén está preocupado polo relato, por airear e tentar construír a súa verdade, se cadra o que non quere son acordos", espetou Pontón este luns a preguntas do GC sobre a proposta de Villares, que cualificou de falta de "seriedade".

Realmente, a porta do BNG xa estaba pechada case desde o minuto 1. E os de Villares tamén estiveron tanteando outras posibilidades cos de Errejón. Unha vía que se pechou definitivamente este domingo tras constatar que se poderían repetir os problemas e a desfeita que aconteceu con Podemos, EU e Anova durante esta lexislatura e, sobre todo, ao ver que Más Madrid non ten unha "axenda galega".

NA PROCURA DE ARGUMENTOS

Este xiro final serviulle ao BNG para cambiar de argumentario. Se antes, a proposta de Villares era "un circo madrileño", por ir con Errejón, agora segue sendo "outro circo pouco serio". Iso, si, o BNG negouse a dicir se tiña avaliado seriamente a oferta de En Marea. "Nunca facemos público con quen nos reunimos ou non", dixo Pontón.

Beiras, Paco Rodríguez, e outros líderes da UPG e Anova cando estaban xuntos no BNG
Beiras, Paco Rodríguez, e outros líderes da UPG e Anova cando estaban xuntos no BNG | Fonte: www.bng-galiza.org

Anova, a outra formación que tampouco se lle esperaba para esta coalición, acabou, como nos anteriores comicios, indo pola vía do medio para non presentarse, nin cos seus aliados de Podemos e Esquerda Unida, nin coa "vía galega" proposta por En Marea e Compromiso.
A división desta división da división do nacionalismo galego é tal que tampouco hai acordo entre as bases e a dirección sobre o mellor camiño. Así que, ao final, van pola vía do medio que non contenta nin a uns nin a outros.

"Entendemos que a competición entre diferentes opcións do espazo de ruptura divide a necesaria unidade e non se corresponde coa nosa aposta pola acumulación de forzas, motivo polo que decidimos non concorrer ás próximas eleccións xerais", anunciaba este luns.  "Verificamos que os intereses dos partidos estiveron por encima dos intereses da xente do común", destaca nun comunicado no que tamén se denota a existencia de problemas cos seus socios no Parlamento galego e as dificultades que poden existir de cara a artellar unha nova coalición para as eleccións galegas.

Tampouco houbo tempo para analizar a oferta lanzada tamén por CxG, só atendida por En Marea e polo BNG, de xeito non oficial. Tan trapalleiras eran as conversas de todos os actores nacionalistas galegos, cada un mantendo a súa axenda e a súas tácticas, que, finalmente, non houbo acordos posibles, polo menos, en forma de coalición.

Pero hai quen di que todas as portas non están fechadas aínda. Agora toca agardar para ver se hai posibilidade de que se chegue a mínimos pactos entre algúns destes actores antes do vindeiro 7 de outubro, día final para presentar as listas. Sería un pequeno xesto para evitar que sigan sangrando as veas do nacionalismo galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

14 Xeitoso

O BNG sempre se mántico firme na defensa dos intereses de Galiña. Foron outros os que decidiron ir petar a portas madrileñas. O meu voto vai para o BNG.

1 Bendito Chiringuito

O BNG defende a Galiña dos ovos de ouro. (Galiña=Upg, up, u... u-la galiña?)

13 nacionalismo si bloque si

diante do avance do facismo expañol (pp+chupadanga+vo..ss) o -Vieiras dixo unidade popular pero a suposta unidade popular foi desfeita polo xuiz villano e polo rejon de non sei que mandriles... agora o vello -Vieiras di abstención... NON VOTEN POR EXPAÑA VOTEN POR GALIZA, votar en expañol e darlle un futuro negro a nosa patria

12 Soliño

Que decepción!!! Que escasa capacidade para artellar unha candidatura galega unitaria, plural e con garantías de obter representación!!! Que vergoña de partidiños e de intereses particulares que priman sobre o común!!! Eu non participo, non merecen o noso voto, difundamos a abstención activa: dicilo e reoetilo en público para que a xente se sume e lles caía a cara de vergoña aos partidiños!!!

1 Mimadriña

A Casado, Abascal e Rivera gústalles isto

2 Bendito Chiringuito

À UPG, ao Villares e ao Antón Santos, ao PcE, à familia do Pablo Iglesias, aos amigos do Errejón e aos colegas do Pedro Sánchez, tamén lle vai ben! E o problema é que diso (o negocio do partido que impide a unidade), ti non te enteraches. Mentres chupen uns poucos escollidos co voto duns inocentes, que a xente do común aguante, que os políticos progres están chupando e simulando...

11 Ademais Toco

Nacionalismo Galego pra Parque Tematico Jurasico. Asi imos. Algo faise mal ou non? A culpa sempre a teñen os de fora.Ale a laiarse. Evidentemente compre unha elite dirixente galega.As revoluciions e os cambios sociais Nunca as fan os proletarios senon unha minoria.Os borregos son borregos.

1 Alienao

Para elite a qué amosa o teu cerebro cando se pon a funcionar, vai despexarte á alameda, anda

2 Alienao

Para elite a do teu cerebro cando se pon a funcionar. Vaite recoller castañas ao souto anda e así despexas un pouco.

10 Polpot

O servizo que Villares está a facer a Feijóo ben merece unha presidencia de entidade autónomica nun futuro

1 Alienao

Valedor do pobo galego ceibe