O Consello da Xunta aprobará este xoves o teito de gasto, previo á elaboración dos orzamentos

O titilar de Facenda critica que a "falta de pagamentos" do Goberno central provoquen "unha retardación nas finanzas autonómicas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2019 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, avanzou que o Consello da Xunta aprobará este xoves, día 3 de outubro, o teito de gasto, un paso previo á elaboración dos orzamentos autonómicos de Galicia.

"Ante unha situación en España que é de inestabilidade política, económica e financeira, desde Galicia o que tratamos é de trasladar estabilidade, empezando polas nosas contas", subliñou o conselleiro de Facenda este martes en declaracións aos medios.

Valeriano Martínez destacou que, unha vez aprobado o teito de gasto, "o normal" é que "dúas semanas despois" o Consello da Xunta tamén aprobe os orzamentos autonómicos.

"Estean atentos vostedes a por onde van os tiros no teito de gasto", manifestou aos medios con motivo da inauguración da xornada 'Desafíos pendentes da descentralización en España: suficiencia e autonomía tributaria'.

FINANZAS AUTONÓMICAS

Na súa intervención, o titular de Facenda tamén se referiu aos datos de débeda pública dados a coñecer polo Banco de España. Respecto diso, asegurou que se "constata" que a "falta de pagamentos" do Goberno central "ás comunidades autónomas e, en menor medida, ás corporacións locais" están a trasladarse "vía débeda" ás finanzas destas administracións.

"E, loxicamente, o primeiro factor, xunto con esta subida de débeda, é unha retardación do pago aos provedores", argumentou o conselleiro, que asegurou que se está "entrando nunha situación de práctica emerxencia financeira". "Son recursos que deberían estar nas comunidades e nas corporacións locais e non están a chegar, e xa estamos no mes de outubro", apuntou.

Por tanto, Valeriano Martínez considerou que "se constata" aquilo do que a Xunta xa avisaba "hai varios meses" e que, segundo indicou, é que "hai unha retardación nas finanzas autonómicas" que se "está trasladando ao tecido empresarial".

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, inaugura unhas xornadas en Santiago. XUNTA
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, inaugura unhas xornadas en Santiago. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta