Pais do CEIP Labaca da Coruña concéntranse para esixir profesorado de audición e linguaxe

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/10/2019 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

Pais e nais do CEIP Labaca da Coruña secundaron este martes unha concentración, ante o centro, para esixir a cobertura da praza de profesor de audición e linguaxe que atenda as necesidades específicas de alumnos con problemas de dicción e de expresión. Á protesta, asistiron tamén representantes da Corporación coruñesa.

Protesta ante o CEIP Labaca para demandar un profesor de audición e linguaxe
Protesta ante o CEIP Labaca para demandar un profesor de audición e linguaxe | Fonte: Europa Press

A ANPA do CEIP Labaca denuncia a ausencia deste tipo de especialista, que desenvolve o seu labor con estudantes con trastornos específicos como os do espectro autista ou os relacionados coa linguaxe, segundo lembran. Ademais, asegura que ao centro tampouco se incorporou un dos dous auxiliares educativos cos que contaba o colexio o pasado curso escolar.

Por outra banda, estima que na actualidade "polo menos 19 nenos non están a recibir a atención personalizada que necesitan". Ademais, advirte que esta situación de falta de persoal docente está a darse tamén noutros centros da área coruñesa.

Tras facerse público o seu caso, a alcaldesa, Inés Rey, comprometeuse a falar coa Administración autonómica para chegar a unha solución, á vez que lembra que esta reclamación se suma ás doutro seis colexios da cidade que actualmente non contan con esta especialidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta