A Xunta sinala que é o Goberno o que debe buscar unha solución a Endesa nas Pontes

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ratificou o apoio da Administración aos traballadores.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/10/2019 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ratificou este mércores que os traballadores de Endesa nas Pontes teñen "o apoio" da Administración autonómica, pero sinalou ao Goberno que dirixe Pedro Sánchez como o que debe encargarse de "coordinar" os traballos e buscar unha solución.

No marco dun acto na Coruña, Rueda asegurou entender a postura dos traballadores, que defenden a continuidade da factoría das Pontes que é "o seu medio de vida".

Ao tempo, referiuse á reunión que se celebra nesta xornada en Madrid, á que os representantes do Executivo autonómico acoden con "espírito construtivo" e insistiu en que o Goberno central ten que achar unha solución para que non peche a fábrica e tanto os empregos directos como "os moitísimos indirectos" teñan futuro.

Ao seu modo de ver, o Goberno de Sánchez ten que "rectificar" xa que non se pode acometer unha transición enerxética repentina que supoña "botar o ferrollo" ás térmicas sen achegar "alternativas". "É inadmisible", aseverou.

"Ao Goberno de España tócalle coordinar a todos e dar unha solución", insistiu Rueda, antes de concluír que espera que os participantes na reunión de Madrid poidan "saír con boas noticias".

Traballadores das auxiliares de Endesa nas Pontes secundan un paro de 24 horas.
Traballadores das auxiliares de Endesa nas Pontes secundan un paro de 24 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta