Rueda recoñece que "moitas" das queixas en sanidade derivan da falta de profesionais

O vicepresidente da Xunta asegura que este problema non afecta exclusivamente a Galicia, senón ao conxunto de España, e mostrouse convencido de que outras autonomías tamén rexistran este tipo de queixas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2019 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, enmarcou dentro do "habitual" que a área sanitaria acapare boa parte das queixas que os cidadáns galegos formulan ante a institución do Valedor do Pobo, dado o elevado número de usuarios e a "sensibilidade" da área.

"Esta vez non foi unha excepción", esgrimiu, en relación ao informe do Valedor correspondente ao pasado exercicio e que foi entregado ao xefe do Lexislativo, Miguel Santalices, este martes. Agora, tramitarase na Cámara autonómica.

En canto ás queixas recibidas na Xunta, Rueda asegurou que se analizan e se responde favorablemente sempre que poidan ser atendidas.

Se isto non ocorre, esgrimiu que é preciso explicar que hai "moitas situacións" dentro das queixas de sanidade que derivan "da falta de profesionais", que a Xunta "fai o posible por cubrir".

En todo caso, concluíu que o problema da falta de profesionais non afecta exclusivamente a Galicia, senón ao conxunto de España, e mostrouse convencido de que outras autonomías tamén rexistran este tipo de queixas.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nos xulgados de Ourense.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nos xulgados de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta