Os galegos son os que compran 'online' os coches máis potentes en España

A media galega é de 142 cabalos de potencia.

Por E.P. | MADRID | 02/10/2019 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

Galicia é a autonomía onde se compran online os coches de maior potencia, con 142 cabalos de media, mentres que Extramadura se sitúa no lado oposto, con 113 cabalos de media.

A media estatal é de 126 cabalos de potencia e tan só dúas comunidades se atopan na mesma: Cataluña e País Vasco, segundo datos do estudo 'O mercado online de vehículo novo en España: potencia media por Comunidades Autónomas', realizado pola empresa europea de venda de vehículos online Carwow.

Do informe despréndese tamén que por encima da media atópanse, ademais de Galicia, a Comunidade de Madrid e Cantabria (128 cabalos), Castela-A Mancha (129), Castela e León e Navarra (131).

No lado contrario atópanse Asturias (124 cabalos), Andalucía e Comunidade Valenciana (122), A Rioxa (120) e Murcia (117). Estremadura é a rexión onde se compran 'online' os vehículos novos de menor potencia, cunha diferenza de 29 cabalos (113) respecto de Galicia.

Carwow realizou este estudo en función ás vendas xeradas por 275.790 usuarios e nun período que vai de agosto de 2018 a agosto deste ano. Non están incluídas no informe as Illas Baleares, as Illas Canarias, nin as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ao non ter, de momento, presenza comercial.

BMW Serie 8 Gran Coupé. BMW - Arquivo
BMW Serie 8 Gran Coupé. BMW - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta