Más País di que un enquisa interna dálle un deputado pola Coruña

A formación de Íñigo Errejón afirma que acadaría 16 escanos en todo o Estado. A súa enquisa apunta a unha vitoria do PSOE, unha suba do PP e unha baixada importante de Unidas Podemos. Non lle dá representación ao BNG, nin a ningunha outra forza nacionalista galega.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 02/10/2019 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

Unha enquisa interna elaborada por Más País concede 16 escanos á formación liderada por Íñigo Errejón nas eleccións do 10 de novembro, entre eles un pola Coruña, tres por Madrid e dous por Barcelona, o que supón unha estimación do 6 por cento dos votos. O traballo de campo da sondaxe, ao que tivo acceso EFE, levou a cabo a semana pasada, entre o 23 e o 25 de setembro, coincidindo cos días en que se puxo en marcha a plataforma electoral. 

Errejón nun acto político
Errejón nun acto político | Fonte: MÁS MADRID

De feito, o 25 de setembro, o último día en que se elaborou a enquisa, foi a xornada na que Errejón foi ratificado para liderar a candidatura e anunciouse o nome de Más País como a marca electoral da formación.

Segundo a enquisa, elaborada a partir de 2.500 entrevistas e que serviu para tomar unha decisión sobre as provincias nas que acudir ás urnas, Más País obtería escanos en trece circunscricións. En Madrid conseguiría tres deputados, e en Barcelona -onde aínda non decidiu formalmente se se presentará o 10N- outros dous escanos.

De apoiarse nestes datos, Más País inclinaríase por concorrer aos comicios na provincia catalá máis poboada. Segundo a sondaxe, Máis País tamén entraría no Congreso cun escano en Murcia, Sevilla, Cádiz, Málaga, Biscaia, Baleares, Valencia, Alacante, Asturias e As Palmas.

A mesma enquisa tamén compara o efecto que a irrupción de Más País ten no resto de partidos e o resultado que poderían obter se, finalmente, decidise non concorrer ás eleccións xerais.

CAÍDA DO PSOE

O PSOE gañaría as eleccións en ambos os supostos, aínda que a chegada do partido de Errejón suporíalle unha caída do 1,8 por cento e catro escanos menos con respecto á mesma enquisa sen Máis País. 

Os socialistas obterían 126 deputados e un 28,3 por cento dos votos.  No entanto, o PSOE seguiría subindo tres escanos con respecto ás eleccións de abril.

Como é lóxico, Unidas Podemos sería o partido que máis sufriría coa chegada de Más País. Perdería un 3 por cento dos votos e oito escanos, quedándose con 26 deputados, dez máis que o partido de Errejón.

Por contra, o PP subiría un 0,4 por cento e un escano, cunha estimación de 85 deputados para o 10N, 19 máis que nos anteriores comicios. A pesar diso, o "efecto Errejón" só lle suporía un deputado máis, o mesmo que perdería Cs coa chegada de máis País ás enquisas. A sondaxe interna de Más País tamén fai unha estimación da correlación de forzas entre o bloque de esquerdas e de dereitas.

Segundo a enquisa, as esquerdas no seu conxunto subirían catro escanos, mentres que os partidos de centro e centro dereita perderían un, os nacionalistas cataláns un deputado, e as formacións rexionalistas dous. Non lle dá representación ao BNG, nin a ningunha outra forza nacionalista galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Moine

Trata-nos tal somos. Chega o primeiro fala-barato de Madrid e já lhe damos um escano. Povo de ser...!

4 Gamela

alá vai o escano da UPG = Nestor Rego "seica non durme ben" (?) Claro que fora mellor que "perdera o sono" Yolanda Díaz por Pontevedra !! Velaí a unidade das "esquerdas de salón" ?

3 Paco Pico

por descontado que los "nacionalistas" (mejor los cainistas) gallegos no sacarán ni medio pelo a tenor del nivelazo de canibalismo que exhiben unos contra otros en cualquier foro. VIva Galizia Canibal!

1 lóstrego

Qué teñan que vir máis alá dos grelos a votar unha mao, agradécese. La flipas con el Errejón eh? Chauvinista con castañolas!

2 Sentidiño

Esta enquisa non é moi de fiar: só 2,5 veces máis que a de Sondaxe, que lle daba un escano ao Bng con só mil entrevistas en todo o estado (unhas vinte, como moito, na provincia da Coruña).

1 Gustavo

Home, o curioso é que unha enquisa interna e filtrada aos medios dixera que só ían sacar 4 ou 5 deputados. Fan as contas perfectas para o votante de esquerdas: "votádenos sen medo, que o que perda UP gañámolo nós" (42-16=26). Vaia risa, todo é marketing e as contas da leiteira, enquisa absolutamente inventada, a ver quen pica. Por certo, a xente na Coruña manifestou que ía votalos sen saber nen o nome nen posibles alianzas (daquela), nen o nome do candidato/a ou quén vai nas listas?

1 seixocici

Si, a xente vota sen mirar nin saber. Ou acaso cres que votan pola Yoli, o Toné, polo Néstor, a descoñecida de Ciudadanos, os escondidos do PPsoE? Na verdade o decente sería esixir un mínimo de cultura política para votar. Ou absterse ante tanto trepa de partido e líder enganabobos!

2 Gustavo

Nesa franxa da "esquerda/nacionalismo" moita xente sí vota coñecendo quen vai, nunha porcentaxe que non sei si é o 50%, o 70% ou qué. Sí saben que vai Toné, Néstor ou a Yoli (e a pesares diso, ainda votan...). Na suposta enquisa sí puideron decir "los de Errejón", e decir que votarían a cegas. Pero non é crible en absoluto (o da enquisa; que haxa quen lles vote, pois seguramente. Que influirá quen vaia por cada provincia, pois tamén influirá, estou seguro.