As utopías e a realidade

Na esquerda política, a disputa dialectica entre os que ven na utopia ideolóxica a única meta e tentan facer unha sociedade plenamente igualitaria e rexida dende un estado que o controla todo, e os que defenden a chamada socialdemocracia, ou sexa a intervención limitada do estado, existe unha confrontación que supera o persoal e que cada día está máis viva.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 04/10/2019

Comparte esta noticia
Isto pode intuírse das frases dalgúns lideres que pensan que, sendo necesarios para facer unha maioría parlamentaria, non son determinantes para tela completa. E desa arrogancia que moitas veces leva tras de si unha suposta  superioridade ética e incluso moral, nace o primeiro enfrontamento que impide acadar un  acordo de goberno. 
 
Somos necesarios para facer unha política de esquerdas din os utópicos; Sen nós non hai garantía de que haberá políticas sociais progresistas, etc. Isto, que escoitamos tantas veces, lévanos a plantexar un dilema que  na política está plenamente vixente: gobernar para acadar a  utopía ideolóxica ou, pola contra, optar polo posibilismo e o pracmatismo para ir acadando metas sociais de progreso.  
 
Iste dilema sigue vixente sobor de todo nas formacións políticas que priorizan a utopía e prefiren, -casos temos en Galicia para un bo exemplo- vivir sempre predicando a mesma letanía pero sen aspirar a gobernar. Moitos son os  que baixo a utópica causa  confórmanse  con seren sempre oposición e  viven  enrocados pensando nesa meta que nunca chega. E así négase a posibilidade de facer candidaturas amplas cuns principios comúns que  beneficien ó conxunto da sociedade. Nós temos máis votos ca vos  e xa somos felices. Nós somos os únicos que defendemos esta terra, etc. 
 
Todo isto lévanos cara o enfrontamento teorico entre a teoría e a practica política. Pois na teoría todo funciona; todo camiña e nada falla. Mais ó chegar á realidade as cousas trocan de maneira alarmante. Exemplos hai davondo en ámerica latina onde o  caso máis palmario estaría en Cuba ou Venezuela. Na  teoría todo funciona ben, pero a realidade deses gobernos é ben distinta. Pois soamente se adiministran a miseria e as corruptelas son dunha imensidade que arrepía. Pero todo está  oculto polo férreo control da prensa.
 
A utopía sempre foi necesaria  como referente lonxano. Pero, sin que limite a capacidade de baixar a pé de rúa e escoitar á xente que non vive da utopía e pide pracmatismo e mesmo poñer en practica certo eclepticismo para chegar a acordos que permitan o progreso nunha sociedade plural e diversa.
 
A homoxenización ideolóxica, o pensamento único,  soamente leva cara un  despotismo pouco ilustrado e cara una ditadura. E hai moitos que aínda soñan con tal forma de goberno por un lado e polo outro.
 
En fin, as utopías na política son como pracebos. Son necesarias como referente, pero coa dosis moi  controlada. Pois, toda cerrazón ideolóxica conduce a ver soamente por un buraco e non permite analizar nin percibir as necesidades do conxunto. Polo tanto, despois do 10-N é preciso que os políticos baixen a realidade e apliquen  o pracmatismo para chegar a acordos. Pois a xente, que somos o común dos mortais,  non vivimos soamente  de utopías.
 

Congreso dos Deputados
Congreso dos Deputados | Fonte: AlessOnFire Flickr
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com