Galicia, entre as autonomías máis sensibilizadas coa corrupción

A poboación galega busca en internet temas de corrupción que a maior parte das veces están asociados ao Partido Popular.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2019 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

Galicia sitúase como a quinta autonomía máis sensibilizada coa corrupción en España, segundo publicou un estudo este xoves en base ao informe anual de Transparencia Internacional.

A SEO Semrush estableceu un ranking sobre as comunidades máis preocupadas polos asuntos de corrupción política que afectan a España, no que Galicia se atopa por baixo de Madrid, Andalucía, Cataluña, Valencia e Castela e León.

Ademais, a súa análise tamén revela que os galegos buscan en internet temas de corrupción que a maior parte das veces están asociados ao Partido Popular.

En menor medida, a cidadanía galega tamén realiza procuras sobre o PSOE, Podemos e Cidadáns nesta orde. Todas adoitan presentar picos nos casos máis mediáticos.

DATOS ESTATAIS

A razón que motivou este estudo é que España aparece entre os países máis corruptos de Europa, no posto número 41 dos 180 que se analizaron baixo o Índice de Percepción da Corrupción.

Neste sentido, España conseguiu 58 puntos, sendo 0 a cifra que indica que o país é moi corrupto e 100, que "está moi limpo" indica a SEO.

Respecto ao conxunto estatal, o Partido Popular segue sendo a forza política que presenta maior número de procuras asociadas coa corrupción. Por detrás atópase o PSOE e en menor medida o resto de partidos.

As tramas máis seguidas e que espertan máis interese entre os españois, segundo este estudo, foi o 'Caso Bárcenas', o 'Caso Nóos' e o 'Caso Pujol'.

Percepción sobre os partidos políticos máis vinculados á corrupción por rexións. SEMRUSH
Percepción sobre os partidos políticos máis vinculados á corrupción por rexións. SEMRUSH | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta