A Xunta carga contra o Foro Económico de Galicia: "Chegan a conclusións moi rápidas sendo xente preparada"

O conselleiro de Facenda critica que este foro non poña o aceno no 40% da industria galega que funciona ben e se fixen só "no cicuenta e pico que fluctúa como o resto das grandes empresas internacionais".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/10/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O Foro Económico de Galicia alertaba esta semana da pequena recesión que está a vivir Galicia, especialmente, polo crise das exportacións. Así, na presentación do seu informe anual apuntaba que, "aínda que a desaceleración non é dramática, si que é continua" e que as medidas de internacionalización da Xunta "non funcionan".

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presenta os orzamentos
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presenta os orzamentos | Fonte: Xunta

Un informe que foi contestado este xoves pola Xunta tras a presentación do teito de gasto de Galicia para o vindeiro ano. "Estráñame que cheguen a conclusións moi rápidas sendo xente preparada", espetou o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, sobre os autores do informe, entre eles o ex presidente da Xunta, Fernando González Laxe ou os economistas Santiago Lago ou José Francisco Armesto.

Así, criticou que só presten atención ao "50 e pico de empresas" que sofren a incerteza do mercado e "non ao corenta e pico restante" que son as que funcionan "perfectamente". Así, destacou que entre ese "50 e pico" están as grandes multinacionais galegas como Inditex, Citröen ou Repsol, que son as que están a sufrir as conxestións e problemas puntuais da incerteza económica mundial. "E non sei como esta análise non a fai o Foro", suliñou.

"Precisamente é o outro 40 e pico de empresas as que son máis seguras e máis diversificadas", dixo, e dan valor engadido o PIB galego. "Por iso, hai que ser máis obxectivos neses informes", destacou. Tamén o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, insistiu tamén na mesma idea, e dixo que as empresas galegas de máis valor e máis estables están nese "40 e pico por cento".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Ros

O que da vergoña è a Xunta que saca peito cando a situaciòn industrial de Galicia da pena entre oitras cousas polos ineptos que gobernan para o xacobeo e catro màis. Galicia necesita un cambio è xa! Menudos gobernantes que escollemos

1 Sentidiño

Menudos expertos! Qué rigor científico! Impórtalles o cincuenta e pico por cento das empresas, coma se esa cantidade fose significativa! Todos sabemos que as de Inditex e Citroën, na economía galega, son cifras despreciables!