A universidade de Sillicon Valley aterra en Galicia para crear unha SingularityU Galicia Chapter

Colabora coa obra social Afundación de Abanca.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2019 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

A Singularity University de Sillicon Valley acordou impulsar, xunto coa obra social Afundación,  o SingularityU Galicia Chapter, unha colaboración que se constitúe a partir de agora en Galicia e que se aliña cos obxectivos fundacionais de Singularity University en Sillicon Valley: formar, inspirar e empoderar as persoas para que utilicen tecnoloxías exponenciais para abordar os grandes retos da humanidade.

Singularity University de Sillicon Valley
Singularity University de Sillicon Valley | Fonte: Wikipedia.

No caso de SingularityU Galicia Chapter, estas metas compleméntanse, ademais, co compromiso de axudar a mellorar a comunidade tanto dentro como fóra de Galicia e conseguir un impacto real e un cambio no noso territorio. 

Ls nova SingularityU Galicia Chapter contará cos mesmos obxectivos fundacionais que o centro estadounidense, polo que buscará "formar, inspirar e empoderar ás persoas para que utilicen tecnoloxías exponenciais para abordar os grandes retos da humanidade", explicou Afundación este xoves.

Ademais de darse a coñecer a constitución deste novo centro, o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, subliñou que outra das metas é "axudar a mellorar a Comunidade galega tanto dentro como fóra de Galicia" para "conseguir un impacto real" no territorio.

Desta maneira crearase un "centro de innovación exponencial" con repercusión europea da man da entidade estadounidense e a galega. Ao tempo, o proxecto galego conta con características únicas en España, xa que do sete de toda a Península, este será o que abarque o territorio completo dunha comunidade autónoma.

En concreto, centrará os seus esforzos en promover programas formativos e accións de dinamización con temáticas e profesionais internacionais cos que se consiga apoiar a innovación, o emprendemento e o impacto social.

PUNTO DE ENCONTRO

Vai dirixido a todas aquelas persoas innovadoras, empresas emerxentes, compañías e organizacións públicas e privadas que estean comprometidas coa consolidación de cambios positivos na sociedade mediante a colaboración e o uso de tecnoloxías exponenciais en ámbitos como a intelixencia artificial, a robótica ou a bioloxía dixital.

Neste sentido trátase de traballar nas fronteiras entre a sustentabilidade e a tecnoloxía a través de enfoques diversos e inclusivos para constituírse como o punto de encontro entre a sociedade civil, os empresarios, o mundo académico, os emprendedores, as institucións ou as formacións políticas entre outros.

Todos estes obxectivos, formas de traballo e actividades concéntranse na nova entidade galega para sumarse aos 177 SingularityU Chapters que existen en 73 países do mundo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta