Aviso amarelo no litoral galego por ondas de máis de catro metros para este venres

O aviso prodúcese desde as 00,00 horas do venres e esténdese ata as 15,00 horas en toda a costa, salvo a zona da Mariña lucense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2019 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

O litoral galego estará en aviso amarelo este venres por mar de fondo con ondas de entre catro e cinco metros, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). O aviso prodúcese desde as 00,00 horas do venres e esténdese ata as 15,00 horas en toda a costa, salvo a zona da Mariña lucense.

O tempo estable predominará este venres na maior parte do país, excepto no Cantábrico oriental, onde se espera un día nubrado con precipitacións débiles e ocasionais, en Galicia e o resto das comunidades cantábricas, onde descenderán as temperaturas máximas, segundo Aemet, que avisou por forte ondada ao litoral da Coruña.

Aínda que as choivas débiles e ocasionais afectarán sobre todo ao Cantábrico oriental, tamén será probable que se estendan, aínda que de forma máis dispersa ao interior de Galicia e das comunidades cantábricas e non se descartan noutros puntos do Pirineo e da cabeceira do Ebro.

No resto de España, espérase un tempo estable, asollado, con nubes baixas e bancos de néboa matinais que serán máis probables na meseta norte. As temperaturas diúrnas descenderán este venres en Canarias, así como en Galicia e o Cantábrico, mentres que ascenderán na metade oriental da Península e Baleares. As temperaturas nocturnas subirán no interior da Península.

Os ventos alisios soprarán en Canarias e chegarán desde o oeste no litoral norte da Península e no litoral de Andalucía e serán de compoñente sur no resto do litoral mediterráneo. No resto espéranse ventos frouxos.

Temporal en Galicia
Temporal en Galicia | Fonte: Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta