Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2019 | Actualizada ás 11:08
O PSOE das Pontes emitiu este venres un comunicado aprobado por unanimidade da asemblea da agrupación das Pontes (A Coruña) en relación á situación da fábrica de Endesa na localidade.
En concreto, a agrupación reitera o seu "incondicional apoio" ao alcalde, o tamén socialista Valentín González Formoso, "como representante que é de todos os veciños, no seu empeño en alcanzar solucións que garantan o futuro" do pobo.
Do mesmo xeito, rexeita "calquera pretensión de politización" dunha situación "sobrevida por unha decisión unilateral" de Endesa, que resulta "prexudicial para toda a cidadanía".
Así, fai un chamamento "ao esforzo e á unidade de todos os axentes e administracións" para "frear o declive industrial da zona" e alcanzar "alternativas de futuro".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.