Os primeiros Premios Galicia de Turismo recoñecerán o "bo facer" do sector nun "gran evento autonómico"

Román Rodríguez destaca que o sector merece un "recoñecemento" tras "o segundo mellor verán" da historia da comunidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2019 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

A Xunta e o Clúster de Turismo preparan un "gran evento autonómico" para recoñecer as cifras cultivadas polo sector nos últimos anos, con vocación de continuidade e a mirada posta no Xacobeo 21. A primeira edición dos Premios Galicia de Turismo recoñecerán "o bo facer" dos profesionais galegos e aquelas iniciativas que destaquen polo seu éxito, innovación e papel na promoción da comunidade como destino.

O obxectivo é trasladar o "orgullo" dun sector que se atopa "na primeira liña nacional e internacional", segundo destacou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, nun momento en que Galicia se asocia a un "turismo de calidade, sustentable, pegado ao territorio" e que xera dinamismo económico.

O certame inclúe nove categorías. Un xurado presidido polo propio Rodríguez decidirá sobre as mellores propostas de 'vangarda', 'sustentabilidade', 'patrimonio', 'promoción' e 'evento' de entre todas as propostas que se presenten ata o 3 de novembro.

Outro tres premios serán concedidos pola propia industria do Clúster para recoñecer á mellor 'traxectoria', 'embaixador nacional' e 'embaixador internacional, mentres que unha novena proposta, o galardón á 'mellor localización' de Galicia', será decidido polos internautas a través de diversas fotografías que se poderán votar na web 'premios galiciaturismo.gal'.

No acto de presentación do certame, Román Rodríguez, trasladou a "vontade" da Xunta de recoñecer "o bo traballo e bo facer" dos profesionais do sector para impulsar actividades "tan significativas" para Galicia.

Presentación do I Premios Galicia de Turismo
Presentación do I Premios Galicia de Turismo | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta