O PP galego cre que Sánchez ten "medo" a un debate a dous con Casado porque "sabe que perdería"

O líder do PSOE só acepta participar nun debate electoral entre os cinco candidatos dos principais partidos-

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2019 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que o presidente do Goberno e líder do PSOE, Pedro Sánchez, ten "medo" a debater e engadiu que non acepta unha cara a cara co xefe de filas do PP, Pablo Casado, porque "sabe que o ten perdido".

O secretario xeral do PP galego, Miguel Tellado
O secretario xeral do PP galego, Miguel Tellado | Fonte: Europa Press

Manifestouno en relación a que Sánchez só acepta participar nun debate electoral na campaña para as próximas eleccións xerais do 10 de novembro: unha cita entre o cinco candidatos dos principais partidos que se celebraría o 4 de novembro.

Tellado sinalou que resulta "curioso" ver "o pouco que lle gustan agora os debates" a Sánchez e suxeriu que ten "medo" a debater e "escapa" porque é "o que máis lle interesa electoralmente".

Tamén sinalou que o líder socialista quere que o único debate que haxa se celebre "antes" de que saian os datos do desemprego relativos ao mes de outubro para tratar de evitar que sexa evidente que "o PSOE sempre é sinónimo de paro e de crise económica" e que se constate que os españois viven "unha situación de desaceleración" agravada "pola inestabilidade" política.

"Ten medo a debater porque sabe que non ten argumentos; é o máximo responsable da repetición electoral e do bloqueo institucional que vive España", remarcou, antes de incidir en que entende que non queira unha cara a cara con Casado porque "sabe que o ten perdido".

"Os que rexeitan os debates é porque saben que non poden saír airosos e Sánchez segue cos ollos pechados a estratexia de Iván Redondo", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta