Un bebé de 6 meses permanece ingresado na Coruña por queimaduras por auga quente nunha escola infantil

Segundo fontes do Concello herculino, trátase dun "accidente" no centro Os Cativos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2019 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

Un bebé de seis meses leva desde o pasado xoves 26 de setembro ingresado no Hospital Teresa Herrera da Coruña debido a unhas queimaduras producidas pola caída da auga quente para prepara biberóns na escola infantil municipal Os Cativos.

Escola infantil
Escola infantil | Fonte: Europa Press

Segundo relatan fontes do Concello herculino, trátase dun "accidente" ocorrido hai máis dunha semana, cando a profesora quentou auga nun microondas e, ao coller a outro neno en brazos, tirouna sobre o bebé.

Por estes feitos, tanto a administración local como a escola preparan un informe para esclarecer o ocorrido. Con todo, tanto os servizos sociais como os técnicos apuntan que se trata dun "accidente", aseguran fontes do Concello.

E é que, segundo as fontes consultadas, o centro "pasou todas as inspeccións da Xunta" e ten todo "en orde". "En 30 anos que leva funcionando nunca pasou nada", insisten.

A pesar de que os pais do bebé xa mostraron a súa intención de emprender accións legais, o Consistorio di non ter constancia de ningunha denuncia polo momento.

Por agora, fontes do Pazo de María Pita xa se puxeron en contacto co hospital e, aínda que nun primeiro momento o pequeno ingresara na unidade de vixilancia, actualmente xa se atopa en planta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta