Temas: DVICIO

"Ribadeo de Tapeo" ata o 27 de maio

Ribadeo de Tapeo entra na súa madureza coa celebración da súa VII Edición. Un concurso de tapas que se está a celebrar desde o 18 de maio e rematará o próximo domingo 27.

Por Paco Gallego | Ribadeo | 24/05/2012 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

None

Ribadeo de Tapeo é hoxe unha cita imprescindible na Mariña Lucense, unha cita arredor de bocados saborosos, realizados cos mellores produtos e da man dos mellores profesionais. Pódense seguir as súas novidades na súa páxina de facebook, así como consultar o seu libro de tapas.

Preséntanse un total de 51 propostas gastronómicas convertidas en arte en miniatura. Durante 10 días pódese coñecer Ribadeo, probar as tapas, beber os mellores viños do noso país, descubrir o encanto natural desta porta norte de Galicia.

Nesta edición o concurso vén cargado de actividades pensadas para non se aburrir, intervencións artísticas por parte do colectivo de SondaNorte que nos presentarán a performance " A Ruta dás Tapas " que encherá de cor as tapas dos sumidoiros de Ribadeo, un espectáculo cooking con estrelas Michelín de Asturias e Galicia, concertos, mercado de produtos da horta e outros produtos locais, etc.

O Concello de Ribadeo inclúe este ano Unha serie de acticidades desenvolvidas polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, que tamén tomará os establecementos para que, entre tapa e tapa, as e os participantes formen parte dunha orixinal campaña de sensibilización pola igualdade entre homes e mulleres.

None

Ademais, Ribadeo de Tapeo ofrece este ano da man do sector hoteleiro unha escapada gastronómica a aqueles que desexen achegarse e vivir os denominados "Soños gastronómicos". Efectivamente, entre o 17 e 28 de maio diferentes hoteis ofrecerán unha sorpresa gastronómica onde se aunará o goce do encanto natural de Ribadeo cunha ruta de Tapeo Express que teñen preparada para os visitantes. "Soños gastronómicos" inclúe un 15% de desconto nas pernoctacións, un regalo gastronómico e poderase optar a gañar noites de hotel en Ribadeo participando na ruta Express.

O programa para os próximos días destaca polas seguintes actividades:

Xoves 24 de maio:  “Xoga e gaña o postre”. Adiviña os ingredientes da tapa e gañarás o postre no Bar Queimada.

Venres 25 de maio: Día da exaltación do polbo: Degustación de tapas especiais de polvo e viños branco no Restaurante A Solana. 

Concerto de Blues con “ Doverman” ás 23:00h no Bar Portón – Ribanova.

Sábado 26: “A rutas das tapas “ Os artistas da plataforma cultural Sonda Norta teñen unha proposta alternativa cunha intervención creativa en “4 calles“

Contaconto itinerante “O Corazón de Lolo”, na rúa Rodriguez Murias nos horarios de 10:00h a 14:00h e 16:00 a 20:00h, iniciativa da Cruz Vermella para difundir o programa de familias acolledoras da Xunta de Galicia e conseguir novas familias.

None
Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta