O PPdeG perdería cinco deputados e o bloque progresista quedaría a un só da maioría absoluta nas eleccións galegas

Os 'populares' necesitarían para gobernar os dous escanos que conseguiría Ciudadanos, segundo Sondaxe.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/10/2019 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

Un bloque de esquerdas á alza, formado por PSdeG, BNG e o Grupo Común da Esquerda —ou o nome que escolla a coalición rupturista— sumaría 37 deputados, a un da maioría absoluta, nas eleccións galegas previstas para o outono do 2020.

Intervención de Alberto Núñez Feijóo no Debate sobre o Estado da Autonomía.
Intervención de Alberto Núñez Feijóo no Debate sobre o Estado da Autonomía.

Segundo datos da enquisa de Sondaxe publicada este domingo por La Voz de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, no caso de que volvese ser o candidato do PPdeG, gañaría os comicios cun descenso de 41 a 36 escanos, polo que necesitaría os dous de Ciudadanos para seguir gobernando.

O PSdeG, con Gonzalo Caballero como candidato á Xunta, mantería o liderado da oposición co 22,3% dos votos e un total de 20 escanos. Séguenlle o BNG co 13,4% e 9 actas, mentres que unha candidatura de confluencias de esquerda obtería o 11,7% e 8 asentos.

Con este panorama, o PPdeG perderá seis puntos e medio en intención de voto con respecto aos comicios de setembro de 2016. En 2020, vencería pero baixaría ao 41,1% do voto e con 36 deputados quedaría a dous da absoluta, exactamente os que conseguiría Ciudadanos co 4,3%.

Os populares, a falta de que Feijóo sexa confirmado como o seu candidato, vencerían de forma contundente nas catro provincias galegas, con diferenzas sobre os socialistas que chegan ao oito escanos na circunscrición da Coruña, onde ademais conseguirían a absoluta.

De acordo con Sondaxe, o partido de Albert Rivera, aínda sen candidato, entraría por primeira vez no Pazo do Hórreo con dúas actas que obtería pola Coruña e por Lugo.

Gonzalo Caballero cultivaría o seu mellor resultado en Pontevedra, con sete escanos fronte a 9 do PPdeG. Tamén nesta circunscrición, con maioría de esquerdas, o BNG obtería a súa maior cifra con 4 actas.

De confirmarse a división da esquerda rupturista para os comicios do 2020, En Marea en solitario quedaría fóra do Pazo do Hórreo co 3% dos votos. Tampouco Vox conseguiría representación cun insignificante 1%.

VALORACIÓN DE LÍDERES

En canto á valoración de líderes actuais, Sondaxe sitúa a Feijóo como único aprobado, cunha nota de 5,26 puntos. En segunda posición atópase o socialista Gonzalo Caballero, cun 4,71; seguido de preto por Ana Pontón (BNG), con 4,51 puntos.

Pechan a clasificación o portavoz parlamentario do Grupo Común da Esquerda, Manuel Lago, cun 3,71; e o portavoz de En Marea e do Grupo Mixto na Cámara autonómica, Luís Villares, con 3,58 puntos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 caxancran

Podiamos aforrarnos o Oarlamento.a Xunta de Galicia.a Telegsita.e tido-los chiringuitos.non sirven pra nada.e gastan.

1 O. Bejarano

Como siga Tellado de secretario general, perderán muchos mas que cinco