Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 06/10/2019 | Actualizada ás 19:24
Unha patrulla da Garda Civil interceptou na mañá deste domingo a unha muller que circulaba pola AP-9, á altura da cidade de Pontevedra, cun patinete eléctrico.
Segundo informa a Benemérita, trátase dunha veciña da Boa Vila de 36 anos de idade que accedera á autoestrada pola incorporación de Lourido.
Tras iso, segundo o relato da Garda Civil, atravesou a mediana da calzada, pero dous motoristas do destacamento de Tráfico lograron interceptala despois de que cruzase a ponte da ría en sentido Pontevedra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.