Temas: SANIDADE

Os galegos, dos menos satisfeitos en España coa súa sanidade pública

O sistema público de saúde galego é o terceiro peor valorado no Estado polos usuarios e pacientes, só por enriba do andaluz e canario.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/10/2019 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

O nivel de satifacción dos galegos co sistema de sanidade pública é dos máis baixos en España. En concreto, os servizos sanitarios galegos acadan a terceira peor valoración entre todos os do Estado, segundo un estudo realizado a nivel estatal.

Sala de espera do Sergas
Sala de espera do Sergas

Os autores da investigación analizaron a tendencia de satisfacción dos usuarios do sistema nacional de saúde español e das comunidades autónomas, entre 2005 e 2017. As variables analizadas foron a satisfacción co funcionamento do sistema de saúde, coa información e co coidado e a atención recibida, ademais da mellora notada polos usuarios.

Sobre a principal variable, a satisfacción co funcionamento do sistema de saúde, Galicia ocupa o terceiro posto pola cola, cun nivel de satisfacción (6,49) só superior ao de Andalucía (6,27) e Canarias (6,10). Na cabeza sitúase Cantabria (7,35), seguida por País Vasco (7,33) e Aragón (7,29).

Con todo hai que destacar que o grao de satisfacción coa sanidade pública en Galicia creceu un chisco entre 2005 e 2017, pasando de 5,56 a 6,49, pero iso só lle bastou para avanzar un posto nese período, do penúltimo ao antepenúltimo.

Así, o nivel de satisfacción dos galegos mantívose sempre por debaixo da media estatal, que pasou de 6,25 no ano 2005 a 6,68 en 2017.

Analizando en detalle o cambio porcentual anual do grao de satisfacción en toda España, observouse a nivel xeral “uhna tendencia estática en todas as comunidades e en todo o país, agás en Madrid, que mostrou una tendencia crecente”, destacan.

Grao de satisfacción co funcionamiento do sistema de saúde pública nas comunidades autónomas

CCAA

2005

2017

Andalucía

6.14

6.27

Aragón

6.41

7.29

Asturias

7.26

7.22

Baleares

5.83

6.98

Illas Canarias

5.37

6.10

Cantabria

6.33

7.35

Castela e León

6.40

7.07

Cataluña

5.96

6.51

Estremadura

6.30

6.61

Galicia

5.56

6.49

Castela-A Mancha

6.61

6.65

Madrid

6.10

6.82

Murcia

6.01

7.10

Navarra

6.71

7.06

País Vasco

6.51

7.33

Rioxa

6.56

6.99

Valencia

6.12

6.71

ESPAÑA

6.25

6.68

SATISFACCIÓN COA INFORMACIÓN E ATENCIÓN RECIBIDA

Sobre o grao de satisfacción coa información recibida na consulta do médico de familia, Galicia é antepenúltima (7,33) –por debaixo da media estatal (7,56)–, con Asturias (7,31) e Baleares (7,29) por detrás. Navarra (8,29), Aragón (8,18) e A Rioxa (8,04) lideran este apartado.

Respecto á satisfacción coa información recibida na consulta do especialista, Galicia ocupa o sexto posto pola cola (7,14), por debaixo da media estatal (7.19). Por detrás sitúanse Andalucía (7,12), Madrid (7.08), Cataluña (6.95), Canarias (6.84) e Baleares (6.8). Mentres que no primeiro posto se atopa Murcia (8.07), seguida de Aragón (7.71) e Cantabria (7.65)

No grao de satisfacción coa atención recibida polos profesionais de enfermaría, os galegos valoran este servizo como o segundo peor no Estado (7,28), mesma valoración que en Andalucía e só por diante de Valencia (7,20), por debaixo da media estatal (7,48). Aragón (8,16), Cantabria (8,04) e Navarra (8,00) sitúanse á cabeza.

E sobre a atención recibida polos profesionais de medicina, Galicia é a última (7,13), mentres que Aragón 8,25, coa media estatal en 7,37.

Con todo, se se compara a evolución entre os anos 2005 e 2017, a satisfacción co coñecemento da historia clínica e o seguimento por parte do médico de familia e o pediatra aumentou en toda España, cunha “tendencia á alza significativa” en Madrid, Andalucía, Navarra, Canarias e Galicia. No resto de comunidades autónomas a tendencia foi “estática”, agás en Baleares e Asturias, onde se observou “unha variación anual decrecente”.

Temas: SANIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Cando os xefes de servicio dimiten en bloque, por algo será... Dignidade Atención Primaria https://youtu.be/e85k0DfROJk Mentras tanto o SERGAS adícase a facer enquisas e deixar pasar o tempo, para que outros fagan negocio a costa da nosa saúde! (POVISA recibe do Sergas 84 M e foi vendida-comprada por 22 M)

1 anonimo6037

Dado que la experiencia que una persona tiene de la sanidad se circunscribe a la experiencia que tiene con la sanidad de su comunidad autónoma el valor de estos estudios es relativo, ya que en realidad se confronta experiencia con expectativas. Yo he vivido y trabajado años fuera de Galicia y mi experiencia es que el servicio que se da aquí es, con todas sus deficiencias, mucho mejor que en otras regiones de España, algunas de ellas más ricas. Yo he presentado quejas al SERGAS cuando lo he considerado oportuno, pero cuando algo se hace bien hay que reconocerlo.